1/4/20

2 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Como sabedes, o 2 de abril é o Día Mundial da Concienciación do Autismo. Dende o movemento asociativo do autismo de España en coordinación con Autismo Europa, puxeron en marcha a campaña "Puedo APRENDER. Puedo TRABAJAR" para dar visibilidade ao colectivo, e que consiste en:
1. Elexir unha ferramenta que represente unha das túas maiores habilidades e sostela na man.
2. Saca unha foto ou un vídeo con ela.
3. Compártea nas redes sociais co hashtag #DiaMundialAutismo. 

Sería unha gran idea poder compartir as fotos de todos vós a través do blog da biblioteca e así poder ver en que cousiñas sodes moi hábiles . Así que si queredes participar, só tedes que enviar a vosa foto ao correo electrónico: abibliodesearin@gmail.com


Déixovos abaixo o enlace á web para saber máis cousas sobre este día.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario