O alumnado de 5º de Educación Primaria compartiron unha xornada de convivencia con algunhas persoas da Asociación DOA. Grazas a mesma fixeron un achegamento á realidade das persoas con enfermidade mental.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
30/5/25
ANIMACIÓN Á LECTURA NAS AULAS DE INFANTIL
Durante este curso en Educación Infantil traballaron a animación á lectura a través da lectura de diferentes contos e con actividades relacionadas cos mesmos, tanto gráficas como expresivas. Abaixopodedes ver unha mostra dos traballos do alumnado.
29/5/25
27/5/25
OBRADOIRO RESOLUCIÓN DE CONFLITOS
A resolución de conflictos de diversas formas e un dos obxectivos de este curso.Para afondar neste tema tan importante na escola neste momento traballamos tamén na aula con expertos externos.
ALIMENTES
25/5/25
KAMISHIBAI NA BIBLIOTECA
Como gozamos coa historia de Elefantita. Moitas grazas a Jacinto, o ilustrador do libro, e á profe Gemma.
24/5/25
LETRAS GALEGAS 2025
O alumnado de Seara sempre gozou coa música. Celebran as Letras Galegas con cancións tradicionais.
23/5/25
ENTREVISTA A TANIA, PANDERETEIRA
Tania cóntanos como naceu e se desenvolveu a súa paixón pola pandereta.
COIDAMOS OS XARDÍNS DE ROSALÍA
22/5/25
CHARLA CO ESCRITOR MIGUEL ALONSO DIZ
A rapazada de 3º curso leu como itinerario lector "Axencia Galega de Asuntos Máxicos". Este xoves tiveron a oportunidade de charlar co autor do libro, Miguel Alonso Diz, preguntarlle todas as curiosidades que tiñan sobre o libro e sobre el, e pedirlle que lles adicara os libros. Moitas grazas polo teu tempo e a túa amabilidade, Miguel!
MIGUEL ALONSO DIZ EN RADIO SEARA
Despois dunha moi interesante charla na Biblioteca do escritor Miguel Alonso Diz co alumnado de terceiro que leu o seu libro "Axencia Galega de Asuntos Máxicos", pareceunos moi importante que contestase en Radio Seara á pregunta de cales foron as súas razóns para escribir dito libro.
21/5/25
TELESEARA, ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2º PARTE
Hoxe con Juan, un dos nosos mellores reporteiros.
19/5/25
18/5/25
REPORTEIRAS EN ACCIÓN: TELESEARA
Dende o Ceip Seara para o mundo, aquí tedes o Especial Letras Galegas!
12/5/25
8/5/25
7/5/25
CORRELINGUA EN CANGAS
Un ano máis o Ceip Seara participou no CORRELINGUA. Este ano celebrouse en Cangas e foron os nenos e nenas de 1º e 2º curso os encargados de representar ao cole e de gozar dun divertido concerto de Paco Nogueiras.
6/5/25
OS MAIOS

4/5/25
XARDÍNS DE ROSALÍA
Un ano máis, neste caso coa axuda e colaboración dos nenos/as de educación Infantil e de 5º de educación primaria, os Xardíns de Rosalía volven lucir en todo o seu esplendor, o que invita a gozar da natureza e a súa beleza.
3/5/25
PROXECTO POLO PEPE EN EDUCACIÓN INFANTIL
En educación Infantil fixeron un proxecto a partir dos contos que podedes ver na primeira fotografía. Chámase PROXECTO POLO PEPE VAI A ESCOLA, ANIMAIS DA GRANXA, EXPLORANDO COAS CORES.