O venres, o alumnado do centro acudíu a unha charla moi interesante que nos ofreceu a Asociación de Persoas Xordas de Vigo.
Os rapaces/as de infantil tiveron a sorte de ver e escoitar un conto en Linguaxe de Signos. Ademais de que era un conto coñecido para todos eles/as ("O monstro de cores vai ao cole" de Anna Llenas"), aprenderon os signos das principais cores.
O alumnado de primaria puido saber máis sobre a vida cotiá das persoas que non oen a través da historia de Iago (un neno xordo) e a súa amiga Ruth: como fan para despertar pola mañá, como saben se alguén está chamando á súa porta... cousiñas que nos parecen moi básicas no noso día a día, pero que dende outra perspectiva nos fixeron reflexionar moito.
Finalmente, ensináronnos algunhas palabras para aprender a comunicarnos en Linguaxe de Signos.
Moitísimas grazas a Asociación por compartir esta aprendizaxe connosco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario