O martes, os rapaces e rapazas de 3º e 4º recibiron a visita de Odilo Barreiro, o concelleiro de Medio Ambiente de Moaña, que lles explicou as razóns polas que Moaña estase convertendo nunha cidade sostible e polas que recibiu a Bandeira Verde (premio ao esforzo dos concellos comprometidos co coidado da O martes, os rapaces e rapazas de 3º e 4º recibiron a visita de Odilo Barreiro, o concelleiro de Medio Ambiente de Moaña, que lles explicou as razóns polas que Moaña estase convertendo nunha cidade sostible e polas que recibiu a Bandeira Verde (premio ao esforzo dos concellos comprometidos co coidado da paisaxe e do medio ambiente). Algunhas destas razóns son: o coidado do patrimonio, a redución das emisións de CO2, a correcta xestión do lixo, a importancia da compostaxe, a redución do consumo enerxético coa instalación de leds, etc.
O certo é que foi un encontro moi ameno no que os nosos nenos e nenas aprenderon un montón de cousas interesantes.
Grazas Odilo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario