1/3/18

XOGO DE PISTAS POLO DÍA DA MULLER


Iniciamos este mes cun xogo de pistas relacionado co Día da Muller (8 de marzo) e a Ciencia.
Cada día teredes que adivinar quen é a muller científica da que vos falamos aquí.
Vinde pola Biblioteca coas vosas respostas e selarémosvos o "pasaporte" do xogo. Entre os acertantes sortearemos un libro. Animádevos a participar!

        1º DÍA: PISTAS
  • Foi unha dos 300 africanos elixida para estudar en EEUU.
  • Plantou moitas árbores.
  • Gañou un premio moi importante que se otorga nun país nórdico.
  • Foi perseguida polo seu goberno, pero ao final ela tamén formou parte dun goberno.
Esperámosvos na Biblioteca!

No hay comentarios:

Publicar un comentario