O derradeiro día do curso e para rematar o noso proxecto "Sons de Galiza" tivemos un concerto de Gramola Gominola solo para nós. Que marcha!
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Mostrando las entradas con la etiqueta proxecto "Sons de Galiza". Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta proxecto "Sons de Galiza". Mostrar todas las entradas
1/7/16
31/5/16
A GARRAFA DE MANUEL MARÍA
Andabamos estes días preguntándonos se a canción "Río Largo de Profundis" de Zeca Afonso tería relación con Manuel María, e descubrimos no Faro de Vigo que así era. Aquí tedes a canción cantada especialmente para nós por Pili, a nosa profe de Música, e a súa amiga Chiruca. Máis abaixo tedes a nova do xornal.
Etiquetas:
Día das Letras Galegas,
Manuel María,
proxecto "Sons de Galiza"
11/5/16
OS SONS DE MANUEL MARÍA
Non podía ser doutro xeito, dentro do noso proxecto "Sons de Galiza" traballamos os poemas cantados de Manuel María.
Etiquetas:
Día das Letras Galegas,
Manuel María,
proxecto "Sons de Galiza"
20/4/16
QUIJOTE en pictogramas
Tamén disfrutamos dunha versión de Sancho Quijote con pictogramas.
Etiquetas:
cancións,
música,
pictogramas,
proxecto "Sons de Galiza",
videos
18/4/16
VISITA MUSICAL
O venres 15 de abril o alumnado de 1º, 2º e 3º recibiu a visita dos curmáns de Tomé (o alumno de 1º B): Izaskun, Marta, Adrián e Artur. Traían un montón de instrumentos tradicionais para lles mostrar. Con eles fixeron ritmos, cantaron, bailaron e mesmo tocaron. Pasárono realmente ben! Moitísimas grazas á marabillosa familia de Tomé!
Etiquetas:
colaboración familias,
música,
proxecto "Sons de Galiza"
15/4/16
A MÚSICA E DON QUIJOTE
" Donde música hubiere, cosa mala no existiere"
Estas palabras ponas CERVANTES en boca do seu personaxe máis universal DON QUIJOTE DE LA MANCHA. Tamén moi universais, por procedencia e estilo, son as seguintes composicións musicais que teñen como fío conductor ao fidalgo manchego.
MÚSICA CLÁSICA (ALEMAÑA):
A obertura da ópera Don Quijote do compositor alemán Telemann en 1761:
Poema sinfónico Don Quixote para violonchelo, viola e orquestra composto
por Richard Strauss en 1897
MÚSICA CLÁSICA (ALEMAÑA):
A obertura da ópera Don Quijote do compositor alemán Telemann en 1761:
Poema sinfónico Don Quixote para violonchelo, viola e orquestra composto
por Richard Strauss en 1897
ESPAÑA:
O poema de León Felipe interpretado por Serrat (1971)
O tema Quijote y Sancho, composto por Juan Pardo e interpretado por Botones, para a serie de debuxos animados da televisión ( 1979)
El Quijote Hip Hop (2005), foi unha iniciativa musical da Biblioteca Nacional para conmemorar o 400 aniversario da obra de Cervantes. Zenit, Dani Pannullo e outros artistas de rap prepararon un material para unha actuación en vivo fronte a Biblioteca Nacional. Esta é a introducción:
En 1998 Mago de Öz graba o álbum La Leyenda de la Mancha. Este é o tema Molinos de viento (versión 2006):
O grupo de jazz-rock Alma y vida grabou este tema, Don Quijote de barba y gabán (1972)
Asfalto o grupo de rock madrileño adicou en 1978 unha canción a Rocinante:
BRASIL:
Don Quixote é un tema do álbum Dançando No Campo Minado (2003) do grupo Engenheiros do Hawaii.
ESTADOS UNIDOS:
Man of la Mancha é un musical de Broadway do año 1965. A canción O soño imposible foi especialmente popular. Eiquí vémola interpretada por Peter O’Toole, que protagonizou a versión cinematográfica xunto a Sofia Loren en 1972:
Don Quixote de Cherry Poppin’ Daddies para el álbum de 1996 Kids on the
street:
street:
REINO UNIDO:
Coldplay e o seu tema Don Quixote de 2010:
CANADÁ:
En 1997 Celine Dion cantaba en francés Hymne A L’amitié:
En 1997 Celine Dion cantaba en francés Hymne A L’amitié:
Gordon Lightfoot, compositor de country, cantaba en inglés Don Quixote en 2010:
COREA DO SUR
FT Island, é unha banda pop-rock de Corea do Sur. Este é o seu tema Don Quixote´s song do álbum de 2010 Beautiful Journey:
IRLANDA
O grupo irlandés O Emperor inclue o tema Don Quixote no seu álbum Hither Thither de 2010
MONTENEGRO
O cantautor Rambo Amadeus publicou o seu tema Don Kihot i Sancho Pansa no álbum de 2008 Hipishizik Metafizik:
ITALIA
Don Chisciotte é un tema do álbum Stagioni (2002) do italiano Francesco Guccini:
ISRAEL
A cantante israelí Dana International tamén lle adica unha canción ao fidalgo cabaleiro no seu álbum Maganona de 1996:
SUECIA
O cantante e compositor sueco Björn Afzelius escribiu a canción Don Quixote en 1988:
Etiquetas:
cancións,
música,
proxecto "Sons de Galiza",
videos
24/3/16
VISITA Á ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL DE MOAÑA
A rapazada de 1º visitou a Escola de Música Tradicional de Moaña da man de Xavier Blanco. Cantos instrumentos marabillosos había alí!
Etiquetas:
exposición,
música,
proxecto "Sons de Galiza",
saídas
14/3/16
O TRAXE GALEGO
Os de sexto continúan cos seus traballos e exposicións orais. Neste caso sobre o traxe tradicional galego
Etiquetas:
exposición,
proxecto "Sons de Galiza"
1/3/16
POEMAS PARA ROSALÍA
A pasada semana, co gallo do día de Rosalía, o alumnado realizou diversos traballos coa escritora Rosalía de Castro como protagonista. Fixeron encrucillados, recitados das súas poesías nas aulas, escritura e decoración de poemas e unha morea de poesías escritas polas nenas e nenos baseándose na figura ou nos poemas de Rosalía. Aquí tendes unha mostra.
Etiquetas:
Día de Rosalía,
poemas,
Poesía.,
proxecto "Sons de Galiza"
29/2/16
VOLVERÁS GOLFIÑO
Mañá visitaranos na biblioteca Andrea Maceiras autora do libro " VOLVERÁS GOLFIÑO" que está a ler o alumnado de sexto, como preparación da lectura elaboramos os seguintes traballos. Ah! están entusiasmados coa lectura.
Hms serpent from ceip Seara
Tamén temos a historia do HSM Serpent cantada por Ana Kiro
25/2/16
DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía no CEIP Seara. Fixemos unha sesión de poesía adicada a esta poetisa. E como este ano estamos moi musicais co noso proxecto "Sons de Galiza", despois dos recitados escoitamos unha das versións cantadas de eses poemas. O resultado parece que foi do gusto do alumnado participante.
Tamén neste día se realizaron postais conmemorativas deste día, para levar as nosas casas e recordar a figura de Rosalía de Castro.
Tamén neste día se realizaron postais conmemorativas deste día, para levar as nosas casas e recordar a figura de Rosalía de Castro.
Etiquetas:
Día de Rosalía,
proxecto "Sons de Galiza"
24/2/16
23/2/16
22/2/16
18/2/16
SONS DE ROSALÍA
A vindeira semana Seara vibrará cos poemas musicados de Rosalía. Comezaremos e remataremos os días cos sons de Rosalía, cos "Sons de Galiza".
O luns soará:
O luns soará:
Etiquetas:
Día de Rosalía,
proxecto "Sons de Galiza"
17/2/16
EXPOSICIÓNS ORAIS SOBRE O NOSO PROXECTO
O alumnado de sexto está realizando exposicións relacionadas co proxecto "Sons de Galiza". Bruno fixo un interesante traballo sobre "Os músicos do Pórtico da Gloria".
Etiquetas:
exposición,
presentación,
proxecto "Sons de Galiza"
11/2/16
ENTROIDO EN SEARA
O venres chegou un dos días grandes do noso colexio: O Día do Entroido!
Unha vez disfrazados, desfilamos pola vila, cantamos as murgas no palco; e xa de volta no cole, tomamos postres típicos destas datas, escoitamos aos de sexto ler o testamento do Meco e asistimos a súa queima. UN DÍA INESQUECIBLE!
Unha vez disfrazados, desfilamos pola vila, cantamos as murgas no palco; e xa de volta no cole, tomamos postres típicos destas datas, escoitamos aos de sexto ler o testamento do Meco e asistimos a súa queima. UN DÍA INESQUECIBLE!
Etiquetas:
Entroido,
música,
proxecto "Sons de Galiza"
31/1/16
DÍA DA PAZ EN SEARA
O venres celebramos o Día da Paz cantando e bailando a canción "Apertas que voan", fixémolo en dúas rodas, cada unha de dous círculos concéntricos. CANTAS APERTAS DEMOS!
Etiquetas:
baile,
canción,
Día da Paz,
proxecto "Sons de Galiza"
28/1/16
PREPARANDO O DÍA DA PAZ
Mañá celebraremos o Día da Paz (xa que o día 30 é sábado). Farémolo cun acto no que todo o alumnado de Seara cantará e bailará a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras.
Abaixo tedes a canción cun fermoso vídeo
Abaixo tedes a canción cun fermoso vídeo
Etiquetas:
baile,
canción,
Día da Paz,
proxecto "Sons de Galiza"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
