O alumnado novo no colexio fixo unha pequena visita á Biblioteca e recibiu o seu carné. Tanto os pequenos de 3 anos coma os novos alumnos esperan impacientes a apertura da nosa biblio.
Neste mes abre a Biblioteca e con ela un mundo de fantasía. Cantos libros e historias agardando por nós!
Ademais da exposición dos libros sobre o proxecto "Sons de Galiza",chegaron os carnés para o novo alumnado e as tan esperadas mochilas viaxeiras. Agora a gozar delas!