30/10/22

FOTOS DE OUTONO

 Preciosas as fotos de outono  que fixestes! Noraboa!

26/10/22

LIBROS SOLIDARIOS

Decidimos celebrar o Mercadillo de Libros Solidarios o 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares. Foi todo un éxito e ata a prensa se fixo eco desta iniciativa. 

Moitas grazas a todos pola cosa colaboración!


21/10/22

VISITA PROTECTORA DO MORRAZO

Voluntarias da Protectora de Animais do Morrazo visitáronnos con dous canciños. Foron unhas charlas moi interesantes nas que nos explicaron a súa labor e como podemos axudarlles.


20/10/22

RADIOEMOCIÓN EN 4º

EMOCIÓNATE COA RADIO é unha proposta cultural e educativa que nace no 90 aniversario da primeira emisión da radio en Galicia. O proxecto leva ás escolas un programa de radio profesional, e conta coa participación de máis de 30 centros de educación pública. 

En Seara foi o alumnado de cuarto o encargado de realizar o programa onde participaron entre outros  a alcaldesa Ledicia Santos e o gaiteiro Xosé Manuel Budiño. Pinchando na foto ou no enlace podedes ir á páxina de Radio Emoción e escoitar o programa. Abaixo tedes tamén unhas fotiños e videos do proceso de gravación.



17/10/22

ECO-RETO DO TRIMESTRE

 Este trimestre encargarémonos por cursos de descubrir, coidar e coñecer diferentes plantas de interior.

15/10/22

CONTOS E EMOCIÓNS: GARAVANCIÑO

En segundo están traballando as emocións a través dos contos. Con Garavanciño déronse conta do importante que é coñecerse  e confiar nun mesmo.

12/10/22

CHEGARON A SANTIAGO!

Tras moito sufrimento e diversión o alumnado de Sexto chegou a Santiago!


11/10/22

SORRISOS EN INFANTIL

No Día Mundial do Sorriso a profe Elisa sacou, imprimiu e recortou fotos dos seus alumnos de Infantil. Despois repartiulle a cada neno un sorriso, procurando que non lle tocara o seu. Xogaron a poñerse os distintos sorrisos e a adiviñar de quen era cada un. Despois colocáronno na cara correspondente. Falaron de por que lles gusta sorrir, por que sorrín e como se senten ao facelo. Despois gardaron os sorrisos nun bote para que cando alguén estea triste ou enfadado agasallalo cun sorriso.




10/10/22

O MEU SORRISO FAVORITO

Despois da visita de Luz Beloso, ilustradora de "O poder máxico do sorriso" escrito por Thalía Troitiño González, as nenas e nenos de 2º curso animáronse a escribir sobre o seu sorriso favorito e contárnolo en Radio Seara.

9/10/22

CADEA DE RETRATOS CON SORRISOS

As nenas e nenos do primeiro e segundo expuxeron no corredor do primeiro andar os RETRATOS CON SORRISOS que fixeron no obradoiro de LUZ BELOSO.

7/10/22

Feliz día do SORRISO :)

Cando sentimos a LEDICIA, unha das nosas emocións favoritos, SORRIMOS... 
Usamos as tablets do cole para facernos fotos e "tunealas", para que así fosen aínda máis alegres. O corredor do primeiro andar é unha festa con tanto sorriso.
 


ASÍ SORRIMOS EN SEARA:

6/10/22

OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN CON LUZ BELOSO

Con motivo do Día do Sorriso tivemos a sorte de contar coa visita da profesora e ilustradora Luz Beloso. Son moitos os libros ilustrados por ela que temos na biblioteca, e o último, "O poder máxico do sorriso" de Talía Troitiño González, lémolo en todas as aulas e encantounos.

Así que convencemos a Luz para que viñese falarnos do seu traballo neste libro, e ela fixo dous obradoiros fascinantes de ilustración: un para a rapazada de 1º e 2º de primaria, e outro para o alumnado de 3º e 4º de primaria. Moitas grazas, Luz, polo teu marabilloso traballo e polo teu tempo!

4/10/22

PREPARANDO O CAMIÑO

 Os nenos e nenas de sexto van facer un pequeno tramo do Camiño de Santiago, polo que están informándose, preparándose e aprendendo. Ademais dun mural prepararon un folleto explicativo, unha credencial do peregrino e unha compostela.





1/10/22

Reto EXPRESARTE de outubro - Fotografía


 Podes traer a foto ao cole impresa ou enviala por correo. Faremos unha exposición con todas as fotografías!