Ao longo de todo o curso, o alumnado estivo moi implicado en conseguir os Eco-retos que se propoñían cada mes. Cada un deles, tiña como obxectivo concienciar á rapazada da importancia de coidar e respectar o medio ambiente.
Así por exemplo, en novembro, nos comprometemos a usar botellas reutilizables para a hora da merenda. Desta maneira, reduciríamos o consumo de plástico de un só uso.
En decembro, próximo o Nadal e as datas onde máis se consume, decidimos facer agasallos con material de refugallo, co fin de reducir o consumo desproporcionado e fomentar a creatividade das nenas e dos nenos.
En xaneiro, decidimos implicarnos na reciclaxe. Desta maneira, puxemos papeleiras en cada aula para que o alumnado poidese clasificar o lixo.
En febreiro, tocaba festexar o Entroido dunha maneira un tanto peculiar, así que creamos os nosos propios complementos feitos con material de refugallo.
En marzo, propuxémonos reducir a cantidade de plástico e papel que consumimos nun mes. Para iso, tivemos que pesar cada día a bolsa de lixo e apuntalo nunha folla de rexistro.
Os resultados, foron os seguintes:
E en abril, a proposta foi reducir a cantidade obtida no mes anterior, pescudando outras alternativas que nos fixeran reducir o consumo de plástico e papel. Os resultados comparativos foron:
En maio, o reto consistía en rexistrar tódolos seres vivos próximos ao noso cole.
E finalmente, en xuño cada clase podía facer a actividade que máis lle gustase para coidar o medio no que vivimos. Dende plantar, ata recoller o lixo dunha praia...
NORABOA POLA VOSA IMPLICACIÓN!
O PLANETA ESTÁ A SALVO CON VÓS!
💚