15/3/19

O ESCORNABOT E O NOME: AULAS DE 4 E 5 ANOS

Esta actividade levouse a cabo nas aulas de 4 e 5 anos. Agrupáronse @s nen@s en grupos de 5 como máximo. Entregouselles a cada grupo a plantilla do escornabot en tamaño A4 en branco. Cada nen@ tiña que escribir o seu nome nun dos cadrados e podía adornalo.
A continuación colocouse o escornabot nunha casilla e cada neno tivo que ir por turnos levándoo ata o seu nome.
Ademais na clase de 5 anos fixeron unha segunda parte: @s nen@s tiñan que levar o escornabot ata o nome dun compañeiro, sen dicir de quen se trataba. Ao chegar, tocáballe a queda a ese compañeiro, que o levaba ata o seguinte. Os demás do grupo tiñan que adiviñar a onde se dirixe o escornabot.

No hay comentarios:

Publicar un comentario