20/3/19

ESCORNABOT E RECTA NUMÉRICA EN INFANTIL

Esta actividade fíxose en distintas sesións nas aulas de 3, 4 e 5 anos. Cada aula dividiuse en grupos. Cada grupo ten unha recta numérica do 0 ao 12, un dado e un escornabot. Por quendas, un nen@ tira o dado, e segundo o número que toque no dado leva o escornabot dende o 0 ata ese número. Na aula de 5 anos fixeron unha segunda parte desta actividade: cada grupo tiña dous dados que lanzaban e tiñan que sumar o resultado para saber ata que número tiña que ir o escornabot.

No hay comentarios:

Publicar un comentario