No panel da biblioteca tedes un montón de desafíos ou retos para xogadores e xogadoras de xadrez. Mira ben os desafíos: a onde debes mover o alfil? E o cabalo? e as brancas?... Para resolvelos mellor usade as plantillas que hai na mesa, e se vos resulta difícil podedes ler as pistas.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
30/11/24
28/11/24
27/11/24
MES DA CIENCIA: O CORPO HUMANO EN 3D
En segundo curso están aprendendo sobre O Corpo Humano. A seguinte actividade fixérona coa aplicación Body Planet e a súa camiseta máxica. Que interesante lles resultou poder ver por dentro o corpo dos compañeiros e observar algúns dos seus sistemas do corpo e o seu funcionamento!
APRENDEMOS A XOGAR
Para que o aprendizaxe baseado no xogo pase a formar parte do noso día a día como docentes recibimos unha interesantisíma formación en numerosos xogos de mesa.
26/11/24
15/11/24
MES DA CIENCIA: CHARLA SOBRE MICROPLÁSTICOS
Neste Mes da Ciencia alumnos de 5º curso foron polas aulas para explicar que son os microplásticos e os nanoplásticos e por qué son perigosos para a natureza e para nós. Ademais aproveitaron para sinalar que non estamos botando ben os residuos ao compost, xa que atoparon moitos plásticos nel. Temos que estar máis atentos!







