22/11/22

20 ANOS DA CATÁSTROFE DO PRESTIGE

Este novembro cúmprense 20 anos do desastre do Prestige, que provocou a peor catástrofe ecolóxica da historia de España: unha marea negra que afectou especialmente á costa galega.

14/11/22

MAGOSTO EN SEARA

Xogos populares e castañas polo San Martiño! Que ben o pasamos! E que ricas estaban!

9/11/22

BOMBEIROS FORESTAIS EN SEARA

En Seara tivemos unha visita moi especial: a de Xosé e o seu equipo de bombeiros forestais e axentes facultativos ambientais. Viñeron ao noso cole a falarnos  do seu arriscado traballo, dos perigos do lume e de como previr os incendios forestais. Esta actividade está enmarcada dentro do PLADIGA (Plan de defensa contra incendios forestais de Galicia)

7/11/22

UNHA CHEA DE EMOCIÓNS MONSTRUOSAS!

 Aproveitando que o Samaín dedicámolo aos monstros, chegaron a clase unha chea deles. Xogamos e clasificámolos, xa que había monstros tristes, alegres, enfadados e ata algún namorado.

6/11/22

O BERRO: ARTE E EMOCIÓN

No proxecto de Expresarte non podiamos deixar de falar de "O berro" de Munch, un cadro onde se mesturan claramente as emocións e o arte. Polo Samaín todo o alumnado posou no photocall que fixemos para a entrada do colexio.

3/11/22

SAMAÍN EN SEARA

Neste Samaín ademais de cabazas espectaculares e disfraces terroríficos houbo obradoiros de monstros  para decorar os corredores, cancións monstruosas (que podedes ver no segundo video), recreacións de O Berro de Munch, monstros de Borktus Leer feitos polos máis pequenos e contacontos de profesores e de alumnos (estes últimos escribiron os seus propios Contos de Medo).

E como non nos gusta nada ter medos, desfixemos deles na SuperCabaza de Seara.

1/11/22

Reto EXPRESARTE de novembro - Collage

 

Trae o teu cadro ao cole para participar na nosa exposición de collages!