10/3/21

TRABALLOS DO DÍA DA MULLER

Aquí tedes algúns dos traballos que o noso alumnado estivo facendo e que están expostos nos corredores do primeiro e segundo andar do cole. 















Noraboa polo traballo rapaces!!



9/3/21

8 DE MARZO: SELECCIÓN DE LECTURAS

Searín tamén estivo traballando na biblioteca para deixarvos unha selección de lecturas relacionadas con este día. Ademais, a profe Salomé e Carla Costas estiveron traballando nesa marabilla de proxecto que podedes ver entre os libros para representar este día e que está composto por botellas de plástico pintadas e pólas de árbores recollidas da súa poda. 

O resultado non podía ser máis bonito!! E ti, xa sabes cal vai ser a túa próxima lectura? 






8/3/21

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

No noso cole o 8 de marzo é un día importante. Este curso quixemos contar con aquelas mulleres que forman parte da comunidade educativa e están vinculadas ao proxecto de centro. 
 
Así, ao longo desta semana diferentes mamás, avoas e traballadoras de Moaña virán contarnos a súa experiencia profesional xunto a outros moitos temas interesantes e conectados á igualdade no traballo.
 
Hoxe o alumnado de sexto curso e infantil tivo a sorte de asistir á charla que nos ofreceu a presidenta das mariscadoras a pé de Santa Lucía de Moaña: Dolores Álvarez. 

Dolores estivo contándolle ás crianzas en que consiste o seu traballo e o das súas compañeiras, vantaxes e dificultades, o número de homes e mulleres que o forman e mesmo como o cambio climático está afectando ao mar e as súas especies. 
 
Foi unha charla moi interesante e dende aquí queremos dárlle as grazas a Dolores por compartir a súa sabedoría e experiencia neste día con nós.

3/3/21

DÍA MUNDIAL DA NATUREZA

O 3 de marzo foi a data escollida pola ONU para a celebración do Día Mundial da Natureza ou da Vida Silvestre.  O obxectivo deste día é recoñecer a beleza e a variedade da flora e fauna salvaxes, así coma crear conciencia acerca dos beneficios que a conservación destas formas de vida ten para a humanidade. 

Así que no noso cole unímonos á celebración deste día realizando actividades no noso patio relacionadas coa natureza. 

O alumnado de segundo estivo arrancando co sacho as herbas “malas” e así poder ter a terra preparada para a poder plantar sementes nas próximas semanas. 





O alumnado 5º de Infantil animouse a saír para facer un experimento con bicarbonato e vinagre e poder ver como os volcáns entran en erupción. 




1/3/21

Eco-reto de marzo!

 "Garantir modalidades de consumo e produción sostibles" é un dos obxectivos de desenvolvemento sostible que estamos a traballar dende o proxecto do noso centro.

Este mes, o reto consistirá en calcular a cantidade que consumimos, por aula, de plástico e papel, co obxectivo de poder reducilo de cara ao mes seguinte.



Animámosvos a facelo mesmo nas vosas casas!

POLO ENTROIDO, MURGAS!

Como todos os cursos, o alumnado creou as murgas para logo poder cantárnolas ao resto do cole no patio o día do entroido. Ademais, como este ano familias, non puidestes acompañarnos, subiron á radio para poder gravala e así facérvola chegar. 

Seguro que vos encantan! 

26/2/21

Remata a campaña Moaña: 21 días en galego

 O 14 de febreiro rematou a campaña Moaña: 21 días en galego. Tivemos que esperar unhas semanas pero por fin chegou o noso premio. Quen acadou o reto de manter a lingua 21 días levou como premio unha camiseta con deseño de orixe que inaugurará a nova colección SonDe Moda promovida pola arca moañesa Afouta e o grupo NAO Galiza, na que se conxuga a moda e amúsica galega nun mesmo elemento. O deseño foi un segredo ata os últimos días da campaña.



Quedamos encantados co empaquetado das camisetas: respectuoso co medio ambiente 100%