28/5/19

MALETA DE EMOCIÓNS

Na nosa biblioteca está a disposición de todos, alumnado e profesorado, a maleta viaxeira con libros sobre as emocións da Asesoría de Bibliotecas de Vigo.


27/5/19

ITINERARIO LECTOR COS ESCORNABOTS: NO CORAZÓN DO BOSQUE

Despois de ler, resumir e sobre todo gozar da marabillosa historia do corazón do bosque, os rapaces de cuarto elaboraron este taboleiro para os escornabots que nos permite seguir recordando.

26/5/19

NO CORAZÓN DO BOSQUE

A rapazada de 4º curso leu "No corazón do bosque" de Agustín Fernández Paz. Aquí podedes ver o seu traballo e a animación á lectura que Benjamín Míguez Novoa fixo sobre o libro.

25/5/19

EDUCACIÓN VIARIA COS ESCORNABOTS

Para comezar a traballar educación viaria, que mellor forma que facelo xogando cos escornabots nun plano con rúas.

Esta lámina está composta por 4 laminas A3, á que pódense unir outras máis, para facelo enorme, dependendo da distancia que queiramos que os nenos e nenas percorran co escornabot.

Na lámina hai rúas e cadrados e rectángulos onde os nenos e nenas poñen a súa foto, ou mellor, unha casa feita por eles memos. O escornabot só pode camiñar polas rúas.

Deste xeito, xogamos en grupos grandes, dende 6 nenos/as ou máis.

Comeza ún dos nenos ou nenas co escornabot onde se atopa a súa casa ou foto. Decide a qué casa ou foto do neno ou nena quere chegar. Cando chegue ata este compañeiro, é a quenda do destinatario Á vez, na mesma lámina, outro neno ou nena xoga tamén ó mesmo. Deste xeito, estarán varios escornabots na mesma lámina, o que implica que poidan cruzarse, chocar, interpoñerse no camiño, etc.

24/5/19

HERVÉ TULLET: PINTAMOS A MÚSICA

Marabilloso obradoiro de arte realizado  por Educación Infantil 5 anos e Cuarto de Primaria seguindo as ideas de Hervé Tullet no seu libro "Diviértete, Talleres con Arte" e a música proposta pola profe Luisa :"Marcha Turca" de Mozart, "O Fortuna - Carmina Burana" de Carl Orff, "Volare" de Federico Modugno, "Nana de Mercedes" da película El Laberinto del Fauno e a proposta do alumnado de 4º "Say my name" de David Guetta.

23/5/19

A PRENSA NA ARTE

Dentro do proxecto "Comunicando "  investigamos de que forma os medios de comunicación  estaban presentes na arte ,encontramos xornais nos collages do cubismo
(movemento artístico caracterizado pola utilización das formas xeométricas , como os cubos , triángulos e rectángulos) e entre eles escollemos para traballar o cadro " Naturaleza muerta y guitarra " de Juan Gris (1887-1927).


22/5/19

CONTACONTOS CON TAMARA ANDRÉS

Contacontos para os máis pequenos do colexio coa poetisa Tamara Andrés.