Nesta ocasión os alumnos e alumnas máis pequenos debuxaron "a foto" da noticia e os maiores inventaron e redactaron a nova a partir dos debuxos. Aquí tedes o resultado: unhas novas superinteresantes!
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
13/3/26
CREAMOS NOTICIAS XUNTOS!
E aquí podedes ver parte do proceso:
9/3/26
SEMANA DA PRENSA
Searín xa repartiu todas as propostas para traballar nesta Semana da Prensa, cantas cousas imos aprender nas aulas!
Pero no panel da biblio tamén deixou un reto: Cales das noticias credes que son verdadeiras ou falsas?
Etiquetas:
biblioteca,
Curso 2025-2026,
Dinamización Lingüística,
noticias,
obradoiros,
retos,
semana da prensa
8/3/26
3/3/26
21 Días en Galego
Comezamos unha nova edición dos 21 días en Galego, nos que animamos ao alumnado a usar a nosa lingua as 24 horas do día durante 3 semanas.
Animamos dende o colexio a que vos unades a eles e que entre todos logremos unha maior integración e uso do noso idioma.
2/3/26
OBRADOIRO AFECTIVO-SEXUAL
O alumnado de 5º curso participou nun obradoiro afectivo sexual guiado pola especialista @tumatronasexóloga. Moitas grazas, Marta!
Etiquetas:
colaboración co Concello,
Curso 2025-2026,
Educación Sexual,
obradoiro
1/3/26
PROXECTO DO UNIVERSO EN 4º DE PRIMARIA
O alumnado de 4º curso de primaria estivo co proxecto do Universo. O seu traballo de investigación na biblioteca culminou coa realización dunhas maquetas e as distintas presentacións na aula.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





