8/5/23

ROTEIRO APRENDE MOAÑA

 O alumnado de quinto curso fixo un roteiro polo río dentro do programa do Concello de Moaña "Aprende Moaña".

Neste roteiro tiveron a sorte de contar con Antón, educador medioambiental e músico que os acompañou por toda a ruta ensinándolles diferentes especies autóctonas de ribeira como castiñeiros, samieiros, amieiros, aveleiras e especies invasoras como a acacia negra.
Puideron ver como estas especies inflúen nos ecosistemas e puideron disfrutar das marabillas que agocha a nosa vila.

CHARLA AFECTIVO-SEXUAL




5/5/23

SEARA ANTI-BULLYING

 Dende o  Departamento de Orientación en colaboración coa a Bibilioteca preparouse material para traballar nas aulas. O alumnado de segundo, a partir de videos, contos e imaxes, debatiron e dialogaron spbre o acoso escolar. Despois plasmaron as reflexións ás que chegaron nos seus  propios carteis sobre o Bullying.  

                                                  

                                                    

3/5/23

VISITA DE FINA CASALDERREY

 Despois de gozar da lectura do libro "O xenio da cidade de sal" o alumnado de quinto tivo a sorte de coñecer e falar coa súa autora, Fina Casalderrey. 


        

       

1/5/23

RETO EXPRESARTE DE ABRIL

 Aquí tedes as divertidas viñetas que fixestes polo Reto Expresarte de abril. Que risa!