11/10/22

SORRISOS EN INFANTIL

No Día Mundial do Sorriso a profe Elisa sacou, imprimiu e recortou fotos dos seus alumnos de Infantil. Despois repartiulle a cada neno un sorriso, procurando que non lle tocara o seu. Xogaron a poñerse os distintos sorrisos e a adiviñar de quen era cada un. Despois colocáronno na cara correspondente. Falaron de por que lles gusta sorrir, por que sorrín e como se senten ao facelo. Despois gardaron os sorrisos nun bote para que cando alguén estea triste ou enfadado agasallalo cun sorriso.




10/10/22

O MEU SORRISO FAVORITO

Despois da visita de Luz Beloso, ilustradora de "O poder máxico do sorriso" escrito por Thalía Troitiño González, as nenas e nenos de 2º curso animáronse a escribir sobre o seu sorriso favorito e contárnolo en Radio Seara.

9/10/22

CADEA DE RETRATOS CON SORRISOS

As nenas e nenos do primeiro e segundo expuxeron no corredor do primeiro andar os RETRATOS CON SORRISOS que fixeron no obradoiro de LUZ BELOSO.

7/10/22

Feliz día do SORRISO :)

Cando sentimos a LEDICIA, unha das nosas emocións favoritos, SORRIMOS... 
Usamos as tablets do cole para facernos fotos e "tunealas", para que así fosen aínda máis alegres. O corredor do primeiro andar é unha festa con tanto sorriso.
 


ASÍ SORRIMOS EN SEARA:

6/10/22

OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN CON LUZ BELOSO

Con motivo do Día do Sorriso tivemos a sorte de contar coa visita da profesora e ilustradora Luz Beloso. Son moitos os libros ilustrados por ela que temos na biblioteca, e o último, "O poder máxico do sorriso" de Talía Troitiño González, lémolo en todas as aulas e encantounos.

Así que convencemos a Luz para que viñese falarnos do seu traballo neste libro, e ela fixo dous obradoiros fascinantes de ilustración: un para a rapazada de 1º e 2º de primaria, e outro para o alumnado de 3º e 4º de primaria. Moitas grazas, Luz, polo teu marabilloso traballo e polo teu tempo!

4/10/22

PREPARANDO O CAMIÑO

 Os nenos e nenas de sexto van facer un pequeno tramo do Camiño de Santiago, polo que están informándose, preparándose e aprendendo. Ademais dun mural prepararon un folleto explicativo, unha credencial do peregrino e unha compostela.





1/10/22

Reto EXPRESARTE de outubro - Fotografía


 Podes traer a foto ao cole impresa ou enviala por correo. Faremos unha exposición con todas as fotografías!