DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
11/12/20
SEARÍN EN FORMATO 3D
10/12/20
Obradoiro de radio con Charo Pita
A semana pasada o alumnado de sexto curso tivo a sorte de asistir ao obradoiro "Teatro lido" da escritora e narradora Charo Pita. Entre os obxectivos da formación están a animación á lectura colectiva en voz alta, expresar as emocións a través da voz ou fomentar o coñecemento da voz e do corpo como instrumentos comunicativos. Así pois, o alumnado coñeceu técnicas e obtivo ferramentas para mellorar a comunicación en diferentes contextos, entre eles, a radio escolar.
Aquí tedes un vídeo do resumo da sesión. Seguro que o alumnado de sexto aproveitou ao máximo a formación e nos sorprende en breve en Radio Seara poñendo en práctica as súas aprendizaxes.
8/12/20
OS EXPERIMENTOS DE 5º DE PRIMARIA
Os cursos de 5º A e 5º B prepararon varios experimentos para o alumnado de 3º. Entre eles están os chamados " A auga que non cae", "Inchando sen soplar" "Superovo" ou "Volcán". Foron rexistrando o proceso de investigación nunhas fichas nas que anotaron os materiais que necesitaban para poñelos en marcha, a hipótese do que podería pasar ao realizar o experimento e o paso a paso.
Seguro que aos nenos e nenas de terceiro lles encantou ver o resultado!! Parabéns polo traballo, quinto!!
7/12/20
O EXPERIMENTO DE 3º DE PRIMARIA
O alumnado de 3º explicoulle ao 1º curso como actúa o xabón contra o Covid-19. No seu blog podemos acceder á información detallada do proceso e ao vídeo que gravaron onde nos explican paso a paso a importancia do uso do xabón para coidar a nosa saúde.
Seguro que o alumnado de 1º entende mellor agora porque é tan importante lavar ben as mans! Parabéns polo traballo terceiro!!
Preme aquí para acceder á entrada no seu blog : BLOG DE TERCEIRO
4/12/20
O EXPERIMENTO DE 6º DE INFANTIL
Os nenos e nenas de 6º de Infantil demostráronlle ao alumnado de 6º de primaria que pasa cando pos unha flor cos pétalos pechados na auga. Pouco a pouco estes vanse abrindo ata poder presenciar finalmente a flor completamente aberta. Isto é debido a que a auga pasa a través das fibras do papel e fai que este se inche e se estire ata abrirse. O proceso polo que a auga sobe polo papel chámase acción capilar ou capilaridade.
Seguro que os maiores gozaron un montón co experimento! Parabéns ao equipo vermello de infantil polo traballo!!
3/12/20
O EXPERIMENTO DE 2º DE PRIMARIA
Durante a realización dun traballo relacionado co aniversario do afundimento do Prestige, o alumnado de 2º reparou en que o fuel que transportaba flotaba na agua do mar. Descubriron que os líquidos na natureza están organizados en función do seu peso e do espazo que ocupan, é dicir, a súa densidade.
Así que decidiron mostrarlles ás nenas e nenos de 4 anos de infantil o que ocorría se introducían nunha botella con moito coidado xabón, auga e aceite. O resultado foi que os líquidos permanecían sen mesturarse, organizados tal e como os botaran ao comezo.
Seguro que aos pequerrechos e pequerrechas lles encantou ver o resultado! Parabéns polo traballo, segundo!!






























