Os cursos de 5º A e 5º B prepararon varios experimentos para o alumnado de 3º. Entre eles están os chamados " A auga que non cae", "Inchando sen soplar" "Superovo" ou "Volcán". Foron rexistrando o proceso de investigación nunhas fichas nas que anotaron os materiais que necesitaban para poñelos en marcha, a hipótese do que podería pasar ao realizar o experimento e o paso a paso.
Seguro que aos nenos e nenas de terceiro lles encantou ver o resultado!! Parabéns polo traballo, quinto!!
A continuación preme en cada liña subliñada abaixo para acceder ao vídeo da explicación de cada experimento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario