7/2/25

DÍA DOS MEDIOS EN GALEGO

O 7 de febreiro celebramos o Día dos Medios en Galego. Nesta data é o aniversario da saída da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego: "O Tío Marcos d´A Portela", que foi editada por Valentín Lamas Carvajal no ano 1876. O alumnado do centro leu algunhas das publicacións en dous exemplares facsimil de diferentes épocas de "O tío Marcos da Portela", que están neste momento na biblioteca do centro.

3/2/25

THE VERY HUNGRY CATERPILLAR

A rapazada de infantil gozou coa narración en inglés da historia "Unha Eiruga moi Larpeira". Contada por Bruno, o noso encantador auxiliar de conversa.

31/1/25

DÍA DA PAZ 2025

 O alumnado do CEIP Seara expresou este 30 de xaneiro alto e claro o seu compromiso coa PAZ e o reixatemento á GUERRA cunhas fermosas palabras. Tamén cantaron o poema "No niño novo do vento" de Alvaro Cunqueiro, destacando a importancia da amizade entre as persoas e os pobos.

22/1/25

OBRADOIRO DE BONECAS E BONECOS DE TELA NA BIBLIOTECA

A partir do mes de febreiro comezaremos cun obradoiro de bonecas e bonecos de trapo na Biblioteca Escolar. Contaremos coa axuda de tres nais e unha avoa. Pode participar todo o alumnado de primaria que o desexe pero, como vai ser en pequeno grupo, non vai ser posible para todos no mesmo recreo.


21/1/25

INVESTIGAMOS E XOGAMOS ÁS BÓLAS

 O alumnado de segundo de primaria investigou as diferentes maneiras de xogar ás bólas e o alumnado de cuarto puxo en práctica as súas instruccións.