19/3/19

É TEMPO DE ENTROIDO

Coñecemos os Entroidos ancestrais galegos coa axuda do libro " É TEMPO DE ENTROIDO" e do panel que para os escornabots preparou cuarto.


18/3/19

SEMANA DA PRENSA: NOTICIAS POSITIVAS

Do 11 ao 15 de marzo celébrase a Semana da prensa na escola. Os rapaces de terceiro iniciaron a busca de noticias positivas nos periódicos, así quedou a súa corcheira:



15/3/19

O ESCORNABOT E O NOME: AULAS DE 4 E 5 ANOS

Esta actividade levouse a cabo nas aulas de 4 e 5 anos. Agrupáronse @s nen@s en grupos de 5 como máximo. Entregouselles a cada grupo a plantilla do escornabot en tamaño A4 en branco. Cada nen@ tiña que escribir o seu nome nun dos cadrados e podía adornalo.
A continuación colocouse o escornabot nunha casilla e cada neno tivo que ir por turnos levándoo ata o seu nome.
Ademais na clase de 5 anos fixeron unha segunda parte: @s nen@s tiñan que levar o escornabot ata o nome dun compañeiro, sen dicir de quen se trataba. Ao chegar, tocáballe a queda a ese compañeiro, que o levaba ata o seguinte. Os demás do grupo tiñan que adiviñar a onde se dirixe o escornabot.

7/3/19

XOGO LIBRE COS ESCORNABOTS

Para que os pequenos se familiarizasen cos escornabots programouse unha actividade de xogo libre na aula de catro anos. O alumnado dividiuse en catro grupos, sentados no chan, co escornabot no medio, dábanlle por turnos aos botóns para que o escornabot bailara ou se movera.

5/3/19

ENTREVISTA A ELENA PAREDES, NAI DE MARIO DE 6º CURSO

As nosas axudantes de Biblioteca entrevistaron a Elena, a nai de Mario de 6º curso, que foi a que este curso fixo o boneco da nosa mascota da biblioteca, Searín, anteriormente tamén fixo  o Searín xigante que todos os anos vai na nosa carroza do Entroido.



Aquí tedes unha foto do Searín que Elena fixo para a nosa biblioteca:


4/3/19

AS NOSAS MURGAS DE ENTROIDO E O TESTAMENTO DO MECO

Aquí podedes botarlle unha ollada ás murgas que os distintos grupos escribiron para a celebración do Entroido:

 E aquí tedes o Testamento do Meco

3/3/19

ENTROIDO XORNALÍSTICO EN SEARA

Un ano máis  chegou o Entroido ao noso colexio. Como non podía ser doutra forma, disfrazámonos de xornalistas: con cámaras de Caranguexo TV, con micrófonos de Radio Seara e cuns estupendísimos chalecos coa prensa escrita neles.