13/11/19

O SAMAÍN POLO MUNDO NA AULA DE 1º

O alumnado de primeiro estivo investigando sobre a celebración do Samaín noutras partes do mundo. Como resultado final fixeron un mural na entrada da aula onde se pode apreciar os costumes propios de países como México, Irlanda ou Estados Unidos. 
 Noraboa polo traballo, rapaces/as!!






7/11/19

ENTREVISTA A DANILO ESCOBEDO

Aproveitando a visita da familia mexicana a infantil polo Samaín, o alumnado de sexto entrevistou a Danilo, un señor mexicano, avó dunha alumna do centro, que veu contarnos como se celebra "El día de muertos" no seu país.


Previamente estiveron investigando en pequenos grupos a través de diferentes textos escritos e na rede. Despois, fixeron un guión coas preguntas que consideraron interesantes para facer a entrevista.
Seguro que vos encanta o resultado!!
Tedes o podcast en "Radio na biblio". 



REGUEIFANDO POLO SAMAÍN

O alumnado de 5º  decidiu celebrar o Samaín deleitándonos na radio coa gravación dunha regueifa ao máis puro estilo tradicional galego. 
O resultado non podía ser máis chulo! Noraboa rapaces/as!!
Xa podedes acceder ao Podcast en "Radio na biblio". 





6/11/19

DESCUBRINDO OUTROS COSTUMES ARREDOR DO MUNDO

As pequechas e os pequechos de Educación Infantil tamén están inmersos/as no PDI. 
Desta volta, aproveitaron estes días para coñecer costumes típicos doutros países e tiveron a sorte de contar cunha familia procedente de México que lles relatou como se celebran alí estas datas.
Faláronlles do "Día de muertos", das ofrendas que alí se lles fan aos seres queridos que xa non están con nós, de lendas como o "Nahual", "La Llorona", "El callejón del beso", "A historia de amor de Popocatépetl e Iztaccíhuatl... e todo isto, acompañado de música tradicional mexicana! 





Ao finalizar, a nosa antiga profe Eli, recitoulles unha poesía que ela mesma creou. 


Moitas grazas a esta familia por facernos pasar un ratiño tan divertido e ensinarnos tantas cousas!!


5/11/19

CONTACONTOS POLO SAMAÍN

O mércores pasado o alumnado de primaria desprazouse ata a biblioteca para gozar dunha sesión de contacontos da man da nosa compañeira Olalla González. 
Primero asistiron as aulas de 1º, 2º e 3º  e despois fixeron o mesmo os maiores. 
Entre os títulos que escoitamos estaban "Fuera de aquí horrible monstruo verde", "What's in the witch´s kitchen?", "Onde viven os monstros" ou "No bosque", entre outros. 
Que ben o pasamos!!






CONTOS PARA RIR DE MEDO EN INFANTIL

Estes días, en Educación Infantil, estiveron a tope facendo cousiñas para celebrar o Samaín. 
Queren compartir convosco os contos cos que máis se divertiron e que forman parte do Obradoiro de Animación á Lectura. 

  • "Unha pantasma con asma". Os pequechos fixeron a súa propia pantasma utilizando material de refugallo. Mirade que medo dan!!



  • ¡Fuera de aquí, horrible monstruo verde!. Grazas a este conto probaron novas técnicas plásticas, compuxeron o seu propio monstro e fixeron un mural de medo para colocar na porta da aula. 





EXPOSICIÓN CONTOS DE MEDO

Un curso máis, o noso voluntariado púxose mans á obra para seleccionar algúns de tantos libros de medo que temos na biblio. Ademáis, decoraron o recuncho da exposición para darlle unha atmosfera máis medorenta e acorde coa temática. Grazas rapaces/as!!