As ecopatrullas xa están funcionando en todos os niveis! Este curso debido á problemática do Covid-19 tardamos un pouquiño máis en poñer en funcionamento esta iniciativa que comezou o curso pasado coa colaboración de Voz Natura e que continúa sendo esencial para o bo funcionamento do centro e o cumprimento dos ODS, especialmente no que respecta aos obxectivos 11 "Cidades e comunidades sostibles", 12 "Consumo responsable" e 13 "Acción polo clima".
Entre as responsabilidades das ecopatrullas están:
- Revisar que non quede lixo no chan.
- Comprobar que as luces quedan apagadas cando non hai ninguén na aula.
- Regar as verduras e hortalizas do invernadoiro (cando o necesiten).
- Levar as mondas á composteira e remover o orgánico.
- Revisar as papeleiras de reciclaxe, pesar o seu contido e levalo aos colectores correspondentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario