31/10/24

POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO

Facede bailar os trompos durante estes días de descanso para que o baile do día 8 sexa inesquecible.


30/10/24

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

 Un ano máis as cabazas de Seara son impresionantes. Moitas grazas a todo o alumnado e as súas familias por un traballo marabilloso.

29/10/24

PANTASMAS EN 2º CURSO

Polo Samaín os nenos e nenas de 2º fixeron un proxecto electrónico en papel. O material necesario foi: un debuxo de pantasma e outro da parte que se verá en raios X, rotuladores de cores, un diodo led, unha pila e cinta de cobre conductora. Aquí tedes o resultado:

28/10/24

CONTOS DE MEDO EN 5º CURSO

 Aquí podedes escoitar as historias de medo e terror que fixeron os nenos e nenas de 5º polo Samaín.