Dende Voz Natura e a biblio queremos darvos as grazas familias, por participar nos eco-retos feitos durante o confinamento. O resultado non podía ser mellor!! Encántannos cada unha das obras que conseguistes facer!!
Xa co curso a piques de rematar, Searín proponvos lecturas e música para este verán. Algunhas están sacadas do forno recentemente e outras son de autores que vos gustan moito.
Esperamos que as desfrutedes alá onde as levedes!!
Despois de investigar e aprender un montón sobre distintos países do mundo, o alumnado de 5º pensou que era un bo momento para volver á terra, xa que seguramente este verán non faremos viaxes de longa distancia e coñeceremos mellor Galicia. Así que, puxéronse a investigar e fixeron un percorrido polos 118 castelos que temos en Galicia!! A que ti tampouco imaxinabas que houbera tantos?
Preme nos seguintes enlaces que tes abaixo para poder acceder ao seu blog e ver todas as interesantes propostas que vos ofrecen.
Dende que comezou o curso, o alumnado de segundo está dando a volta ao mundo da man de Willy Fog. Xa estiveron en varios países como xa vistes en entradas anteriores e durante este tempo, dende as súas casas, continuaron coa aventura e chegaron aos EEUU. Aprenderon un montón de cousiñas interesantes sobre este país e realizaron murais con todas elas.
Canto traballaron estes rapaces e que resultado máis chulo obtiveron co seu esforzo! Noraboa!!
Hoxe celébrase o Día dos Océanos. Penso que é un bo día para reflexionar sobre a transformación que están sufrindo nestes últimos tempos debido á contaminación e todo o que nós podemos facer para axudar a súa mellora: reciclar, reutilizar, diminuír o uso de plásticos, axudar a manter limpas as praias, practicar deportes acuáticos responsables co medio ambiente...
Investiga e aprende sobre o tema, pois canto máis sabes sobre os problemas que afrontan os océanos máis quererás axudar a melloralos, tendo en conta que o modo de vida que levamos sobre a terra está directamente conectado co océano e os seus habitantes.