O alumnado de 1º e 2º curso realizou hoxe unha saída pola ribeira do río da Fraga (tamén chamado río dos Ladróns). Nesta actividade únense dúas premisas: coñecer parte da Variante do Morrazo do Camiño Portugués pola Costa e o proxecto "Contos nos Carreiros". O certo é que lles gustou moitísimo!
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
24/5/23
23/5/23
VÉN AO CORRELINGUA DE MOAÑA
Aquí tedes o vídeo que gravado entre todos os centros educativos de Moaña para celebrar o Correlingua.
20/5/23
OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS
Estes días tivemos no colexio aos Técnicos en Emerxencias Sanitarias galegos que impartiron uns obradoiros para toda a rapazada do centro sobre primeiros auxilios básicos.
19/5/23
XIMCANA POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Os maiores do cole, de 3º a 6º, divertíronse e aprenderon moitas cousas sobre Francisco Fernández del Riego, o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, cunha ximcana.
18/5/23
CINEMA CON PERSPECTIVA EN 5º CURSO
Dentro do programa da Consellería de Cultura de "Cinema con perspectiva" o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria puido disfrutar da proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero co obxectivo de fomentar entre o alumnado a reflexión sobre o papel da muller na sociedade, a violencia de xénero e ad desigualdades.






