3/12/20

O EXPERIMENTO DE 2º DE PRIMARIA

Durante a realización dun traballo relacionado co aniversario do afundimento do Prestige, o alumnado de 2º reparou en que o fuel que transportaba flotaba na agua do mar. Descubriron que os líquidos na natureza están organizados en función do seu peso e do espazo que ocupan, é dicir, a súa densidade.

Así que decidiron mostrarlles ás nenas e nenos de 4 anos de infantil o que ocorría se introducían nunha botella con moito coidado xabón, auga e aceite. O resultado foi que os líquidos permanecían sen mesturarse, organizados tal e como os botaran ao comezo.

Seguro que aos pequerrechos e pequerrechas lles encantou ver o resultado! Parabéns polo traballo, segundo!!









2/12/20

O EXPERIMENTO DE 1º DE PRIMARIA

 "Flota ou non flota" foi o experimento realizado polo alumnado de 1º de Educación Primaria ao curso de 5º de Educación Infantil.
O experimento consistiu en probar se unha serie de obxectos flotaban ou non: papel, lapis, clip, cores ou palillos foron algúns dos elixidos. 
Os pequenos probaban e os maiores anotaban. Despois propuxéronlle un reto: intentar darlle forma a unha pequena bóla de plastilina para que flotara na auga. Conseguírono coa axuda dos maiores!! 











1/12/20

Utilizando a Realidade Aumentada en Infantil

Na parte de búsqueda de información enmarcada dentro do proxecto "O noso corpo" que levamos a cabo en 5º de Educación Infantil, utilizamos unha ferramenta que nos permitía observar o noso corpo por dentro. 

Trátase dunha camiseta de realidade aumentada que, grazas a un código de símbolos que se decodifican en imaxes, podemos proxectala en calquera dispositivo en coñecer dunha maneira máis realista como somos por dentro, así como interactuar cos diferentes órganos do noso organismo.



Para máis información, podedes ir a súa páxina web: https://bodyplanet.es/ 







O EXPERIMENTO DA AULA DE 5º EI

 As nenas e os nenos de catro aniños fixeron un arco da vella para os seus compis que acaban de entrar no cole. Grazas á capilaridade que teñen os líquidos, puideron observar a carreira que botan as cores a través dun tubo capilar (como é neste caso, unha servilleta). 

Todos quedaron encantados co experimento! Bravo!!







30/11/20

ECO-RETO MES DECEMBRO

En decembro, imos reflexionar sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 12 "Consumo Responsable" xa que, veñen épocas nas que mercamos por inercia e sen pensar se realmente é necesario aquilo que adquirimos.

Ao longo deste mes, compartiremos convosco as ideas que teñan as pequenas e os pequenos para evitar gastar os cartos de maneira compulsiva e sen análise.

26/11/20

Rechouchíos

 Chegan os novos rechouchíos telemáticos, sen público presencial, gravados no Centro Cultural Daniel Castelao e retransmitidos ao vivo pola canle de Facebook.



25/11/20

25 DE NOVEMBRO

Este curso escolar sumámonos á iniciativa do Concello de Moaña realizando lecturas, debuxos, murais pósters e vídeos onde reivindicamos a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia machista. O Concello regalounos unhas máscaras coas que puidemos dar maior visibilidade a este día. 

Aquí tedes unha mostra dos traballos do noso alumnado!! Bo traballo rapazada!!