O día 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Este día foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de conseguir o acceso e a participación total e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o seu empoderamento.
Cómpre lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para acadar os ODS incluídos na Axenda 2030.
O noso alumnado participou nas charlas de mulleres científicas que o Faro de Vigo ofreceu aos centros participantes nos proxectos do Faro da escola. A través da plataforma Zoom puideron coñecer a Marta López, Luísa Martínez e Eva Balsa-Canto, científicas do CSIC que lles explicaron como foron as súas carreiras e como son as súas vidas de científicas, ademais de moitas cousiñas interesantes. Tamén tiveron a oportunidade de facerlles preguntas e así poder saber máis acerca do mundo científico feminino.
A continuación recóllense as lecturas que Searín seleccionou para este día, así coma un vídeo que explica moi ben a súa importancia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario