21/12/24

POSTAIS DENDE A RÍA

 Felicitamos polo  Nadal ao alumnado do  CEIP Virxe do Carme de Sober (Lugo).


20/12/24

CAMPIÓNS DO TORNEO DE NADAL

 Queremos darlle moitos parabéns ao campión do Torneo De Xadrez de Nadal, Alonso; ao finalista, Brais; e aos dous semifinalistas Darío e Iago. Tamén queremos felicitar a todos e todas as participantes, a vosa actitude e comportamento foi exemplar e de sincero compañerismo. Estamos moi orgullosos do alumnado que temos en Seara. Sodes fantásticos!


18/12/24

XOGOS DE MESA RECOMENDADOS

Este Nadal para facer unha boa recomendación de xogos , cos que agasallar a todos , nenos e adultos recurrimos a inestimable axuda do profesor Juan Carlos Ruiz, coñecido en redes sociais como @profejugon, experto na aprendizaxe baseada no xogo e creador de moitos xogos de mesa. Esperamos que estas ideas vos axuden coas peticións de nadal.

17/12/24

RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO NADAL

 Un ano máis presentámosvos as guías de lectura realizadas pola Coordinadora dos equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo. Ollo! Que cada unha ten dúas páxinas!


16/12/24

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!

Todas as entradas do colexio están decoradas de Nadal e incluso hai unha árbores con adornos relacionados co proxecto anual. Un curso máis temos que agradecer a todas as familias esta espectacular decoración navideña. Incluso a aproveitamos para facer uns pasatempos. 


15/12/24

TRIMESTRE DE XOGOS EN SEGUNDO

Moitos foron os xogos cos que este trimestre conviviron e xogaron na clase de segundo. Aquí tedes un resumo: