28/9/17

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Os axudantes da Biblioteca están xa preparados para a apertura da Biblioteca o vindeiro luns, de feito, estiveron xa traballando e preparándose.


25/9/17

NOVOS LECTORES NA NOSA BIBLIOTECA

O alumnado novo no colexio fixo unha pequena visita á Biblioteca e recibiu o seu carné. Tanto os pequenos de 3 anos coma os novos alumnos esperan impacientes a apertura da nosa biblio.


17/9/17

COMEZA UN NOVO CURSO

Comeza un novo curso no noso colexio. Este ano todo vai xirar en torno á CIENCIA e imos poñer as nosas cabezas a pensar e aprender, por iso o noso proxecto recibiu o nome de EXPERI-MENTES e Searín converteuse nun intelixente científico.







30/6/17

RESUME FOTOGRÁFICO DA COMICON INTERCENTROS

Como colofón ao remate deste marabilloso curso e por petición popular, volvemos colgar a presentación das fotos da COMICON INTERCENTROS DE MOAÑA



15/6/17

SEGUNDO VIAXA CO ANIME E A BANDA DESEÑADA

O alumnado de 2º viaxou polo mundo e descubriu personaxes, culturas, músicas, gastronomías...

12/6/17

OS DE PRIMEIRO ANÍMANSE CO STOPMOTION

O alumnado de primeiro crea historias propias cun dos seus personaxes favoritos: Bob Esponja



8/6/17

RAMÓN CARIDE EN SEARA

Hoxe o alumnado de terceiro recibiu a visita de Ramón Caride co que tiveron unha interesante conversación sobre "As viaxes de Ruki", un dos seus últimos libros. Ademáis o escritor quedou encantado cando lle amosaron a banda deseñada que os nenos fixeron sobre o seu libro.