Xa están nas casas as mochilas viaxeiras deste curso...
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
3/10/16
E CHEGOU OUTUBRO... E ABRIU A BIBLIOTECA
O tan ansiado día chegou: A Biblioteca de Seara abriu as súas portas. Algúns personaxes levaban días anunciando o evento polas portas e corredores: Esperaban polos lectores na nova exposición da biblio relacionada co proxecto anual de animación e banda deseñada.
Etiquetas:
apertura,
Banda deseñada,
biblioteca,
cómic,
inicio curso
2/10/16
29/9/16
CARNÉS PARA OS NOVOS ALUMNOS
Os novos alumnos e alumnas do cole viñeron pola Biblioteca a recoller os seus carnés. Xa estamos todos preparados para a apertura da Biblioteca!
14/9/16
EXPOSICIÓN DE ROALD DALH
Estamos en setembro e a Biblio do cole ainda non está aberta, pero unha data tan importante como o centenario do nacemento de Roald Dalh non pode pasar desapercibida, polo que puxemos unha pequena exposición dos seus libros no corredor. Ademais nas aulas gozamos dalgunhas das películas baseadas nos seus libros: "Matilda","Charlie y la fábrica de chocolate", "El Superzorro", "James y el melocotón gigante", "Las brujas", "El gran gigante bonachón"...
Etiquetas:
Animación á lectura,
centenario,
exposición,
Roald Dahl
13/9/16
CENTENARIO DE ROALD DALH
Hoxe celébrase o centenario do nacemento de Roald Dalh, autor de marabillosos libros para nen@s e adultos. Aquí tedes uns enlaces á súa biografía.
12/9/16
COMEZA O CURSO 2016-2017
Xa de novo no cole! E Searín estaba esperándonos na porta vestido de superheroe, e é que este curso o noso proxecto está relacionado coa animación, a banda deseñada e os debuxos animados.
Etiquetas:
Banda deseñada,
cómic,
inicio curso,
proxecto "Anímate"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











