Co galo do día da Biblioteca Escolar, o alumnado de 5º B e 3º fixeron un encontro lector. Compartiron este día lendo e contando contos en parellas, gozando así dos títulos da biblioteca
Aquí tedes un resumo da entrega das mochilas que o noso voluntariado fixo polas diferentes clases. Agora a gozar un montón con todos os libros e pelis que van no seu interior!!
Esta semana a rapazada de cuarto tuvo a sorte de contar dous días cun experto en minerais: Moisés Núñez.
Mostroulles moitísimos minerais atopados en Moaña e o Morrazo e con el descubriron e aprenderon moitísimas cousas sobre as rochas e os minerais. Ademais fixéronlle unha entrevista en Radio Seara.
Onte tivemos unha visita moi especial! Malibú, unha cadela que vive na Casa Grande de Xanceda, desprazouse ata o noso cole xunto coa súa coidadora para explicarnos un montón de cousiñas sobre as mascotas: características, coidados... E o máis importante: concienciarnos da responsabilidade que conleva ter un animal de compañía así coma o respecto e a sensibilidade que merecen pola nosa parte.
Malibú quedou encantada con todos os aloumiños que recibiu e nós coa oportunidade de poder disfrutar da súa compañía e aprendizaxe.
Se queredes saber máis sobre esta proposta podedes visitar o seu enderezo web: www.educandoconmalibu.com
Co motivo do Día das Persoas Xordas os pais de Dalía viñeron a representar un conto e a contarnos como é o seu día a día. Foi realmente interesante!
Aquí podedes ver o conto:
Aquí tedes ós protagonistas e un pequeno resume fotográfico:
Despois o alumnado de cuarto aprendeu como se deletrea o seu nome en lingua de signos e cal é o símbolo que Dalía e a suá familia usan para recoñecer a cada un dos compañeiros.
O xoves 19 de setembro o alumnado de cuarto curso recibiu a visita de Rodrigo Conde, un deportista de Moaña que practica remo. Leva anos acadando grandes éxitos deportivos: foi Campión de España en varias ocasións e tamén campión internacional, con varias medallas en Campionatos do Mundo.
Agora acaba de clasificarse para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020.
Os días previos o alumnado preparou a visita de Rodrigo, investigando sobre as Olimpiadas e os deportistas olímpicos do Morrazo.
E chegou o gran día:
A noticia saiu no Faro de Vigo (premede na foto para vela)
E cando Rodrigo chegou a Sevilla mandou unha foto co seu compañeiro e as medallas que os nenos de cuarto lles regalaron:
Hoxe o alumnado de cuarto e quinto do colexio recibiu a visita do economista mozambicano Onofre Muianga, quen está estes días en Moaña observando como se leva a cabo a xestión económica do noso concello.
Onofre fixo unha presentación moi interesante sobre o seu país, Mozambique, contestou ás preguntas dos nenos e mesmo gravou unha entrevista que lle fixeron os alumnos de quinto en Radio Seara.
A aula de Arts xa rematou o seu primeiro proxecto.
Este curso van ir saltando de continente en continente a través da arte e dos seus artistas.
Empezaron co pintor belga René Magritte. Coñecérono no museo MARCO de Vigo o mes pasado e coas súas teachers atrevéronse a facer esta interpretación da súa famosa obra "High Society".
Hoxe abreu a biblioteca! Aquí tedes aos voluntarios e voluntarias que este curso van facer posible que a biblioteca funcione moi ben! A por todas, rapaces!!
Como cada curso escolar, comezamos a traballar nun novo proxecto. Este ano o noso PDI leva por nome "Un mundo de xente" e está relacionado cos diferentes países e as súas xentes. Penso que vai dar moito de si e imos aprender un montón de cousas!!
De momento, déixovos un vídeo do alumnado participando na elaboración dos murais que están colocados nas entradas do centro.