25/10/23

A METAMORFOSE DAS CUNCHAS

 "A METAMORFOSE DAS CUNCHAS MARIÑAS COA SÚA COR NATURAL" é unha exposición espectacular da que poidemos gozar no colexio. 

Xosé Cantoneiro, o artista, leva case cincuenta anos creando coas cunchas. A súa técnica, triturando cunchas nun muiño de café e mesturando o pó con cola incolora, é única.

21/10/23

O CEIP SEARA NO CAMIÑO

Sexto de primaria e o EDLG do CEIP Seara andiveron, suaron e sobre todo gozaron facendo dúas etapas do camiño.


18/10/23

O LUGAR FAVORITO DA RÍA DE VIGO

 Cada un de nós escolleu o seu lugar favorito da ría para facer fermosas fotografías.


10/10/23

Charla sobre nasas

 O alumnado de 4º presenciou unha charla moi interesante sobre a fabricación artesanal de nasas e rastros e o seu uso. Moitas grazas!



29/9/23

Minimuseo do Mar

 Os nenos e nenas de 4º están traballando nun Minimuseo do mar, onde todo o alumnado do cole poderá aprender máis sobre criaturas mariñas e aprender os seus nomes en galego. Bo traballo!




22/9/23

DESCUBRIMOS A RÍA EN SETEMBRO

Estes primeiros días de setembro coñecemos cal vai ser o proxecto deste curso: DESCUBRIMOS A RÍA DE VIGO.  Nas aulas falamos da  nosa ría, fixemos murais, pintamos cunchas para facer uns preciosos colgantes e fixemos a primeira saída do curso co motivo da celebración do Día Mundial das Praias.