16/10/19

CARNÉS PARA OS NOVOS LECTORES

Aquí tedes un resumo da entrega de carnés que fixo o voluntariado aos novos rapaces e rapazas que chegaron este curso ao cole. 
Agora xa poden gozar dos marabillosos libros que alberga a biblio!! 




12/10/19

A FAMILIA DE DALÍA VISÍTANOS POLO DÍA DAS PERSOAS XORDAS

Co motivo do Día das Persoas Xordas os pais de Dalía viñeron a representar un conto e a contarnos como é o seu día a día. Foi realmente interesante!
Aquí podedes ver o conto:



Aquí tedes ós protagonistas e un pequeno resume fotográfico:





Despois o alumnado de cuarto aprendeu como se deletrea o seu nome en lingua de signos e cal é o símbolo que Dalía e a suá familia usan para recoñecer a cada un dos compañeiros.


11/10/19

VISITA DE RODRIGO CONDE: UN MOAÑÉS OLÍMPICO

O xoves 19 de setembro o alumnado de cuarto curso recibiu a visita de Rodrigo Conde, un deportista de Moaña que practica remo. Leva anos acadando grandes éxitos deportivos: foi Campión de España en varias ocasións e tamén campión internacional, con varias medallas en Campionatos do Mundo.
Agora acaba de clasificarse para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

Os días previos o alumnado preparou a visita de Rodrigo, investigando sobre as Olimpiadas e os deportistas olímpicos do Morrazo.


E chegou o gran día:


A noticia saiu no Faro de Vigo (premede na foto para vela)

E cando Rodrigo chegou a Sevilla mandou unha foto co seu compañeiro e as medallas que os nenos de cuarto lles regalaron:

10/10/19

APRENDENDO SOBRE MOZAMBIQUE CON ONOFRE MUIANGA

Hoxe o alumnado de cuarto e quinto do colexio recibiu a visita do economista mozambicano Onofre Muianga, quen está estes días en Moaña observando como se leva a cabo a xestión económica do noso concello.

Onofre fixo unha presentación moi interesante sobre o seu país, Mozambique, contestou ás preguntas dos nenos e mesmo gravou unha entrevista que lle fixeron os alumnos de quinto en Radio Seara.




O PDI EN ARTS

A aula de Arts xa rematou o seu primeiro proxecto.
 Este curso van ir saltando de continente en continente a través da arte e dos seus artistas. 
Empezaron co pintor belga René Magritte. Coñecérono no museo MARCO de Vigo o mes pasado e coas súas teachers atrevéronse a facer esta interpretación da súa famosa obra "High Society". 
O resultado non podía ser máis especial!! 







1/10/19

ABRE A BIBLIO!!

Hoxe abreu a biblioteca! Aquí tedes aos voluntarios e voluntarias que este curso van facer posible que a biblioteca funcione moi ben! A por todas, rapaces!!



UN MUNDO DE XENTE

Como cada curso escolar, comezamos a traballar nun novo proxecto. Este ano o noso PDI leva por nome "Un mundo de xente" e está relacionado cos diferentes países e as súas xentes. Penso que vai dar moito de si e imos aprender un montón de cousas!!
De momento, déixovos un vídeo do alumnado participando na elaboración dos murais que están colocados nas entradas do centro.
Espero que vos guste!!