Nesta ocasión foron os alumnos de 5º e 6º os que asistiron ao MINI-FIC o programa do FIC (Festival Internacional de Curtas de Bueu) adicado ao público infantil e xuvenil.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
18/9/25
15/9/25
PRIMEIROS RECREOS NA BIBLIOTECA
14/9/25
LENDA DA POZA DA MOURA DE MOAÑA
Hai uns cursos uns compañeir@s gravaron un vídeo sobre a Lenda da Poza da Moura en Moaña. Pareceunos boa idea volver colgalo para introducir o proxecto deste ano.
12/9/25
CORREDOR DA BIBLIOTECA
Despois da busca de seres máxicos galegos polo patio do colexio, chegou a hora de debuxar o que máis nos gustou a cada un, e decorar con eles o corredor da biblioteca. Espectaculares debuxos!
(Pinchade nas fotos que están todos os debuxos)
10/9/25
PRIMEIRO DÍA: PRIMEIROS SERES MÁXICOS
Neste primeiro día tomamos contacto co proxecto anual, Galiza Máxica, cunha ximcana adaptada a grandes e pequenos e na que buscamos polos patios do colexio os seres míticos que por alí andaban agochados.
9/9/25
BENVIDOS A UN NOVO CURSO!
Este ano o proxecto anual de centro chámase GALICIA MÁXICA e tratará sobre a nosa terriña: "Só se ama aquilo que se coñece".
Neste primeiro día recibimos aos cativos cun agasallo moi especial: uns lapis que se plantan cando se acaban e dos que nacerán árbores: "das cousas pequenas... medran cousas xigantes".







