A rapazada de 6º curso visitou o espazo educativo Conxemar lab da Asociación Conxemar. Alí aprenderon cal é o percorrido que o peixe fai dende que se pesca ata o prato de cada un, cales son os beneficios dos alimentos do mar para a saúde ou como facer un consumo responsable.
A visita comezou mergullándose no ecosistema acuático a través de tecnoloxía inmersiva, e continuaron coas diferentes fases que seguen os productos do mar a través dunha maqueta interactiva e xogos por equipos, estiveron nunha recreación dun supermercado e aprenderon sobre o etiquetado dos productos e a alimentación saudable.
Posteriormente os nenos e nenas convertíronse en auténticos chefs. Da man dun profesional cociñaron alimentos como polvo, merluza, peixe espada e langostinos.
A visita rematou saboreando o que cociñaran, foi o que máis lles gustou de todo!

No hay comentarios:
Publicar un comentario