25/3/15

LONGA NOITE DE PEDRA

Poema de Celso Emilio Ferreiro "Longa Noite de Pedra"- Grupo de rock Astarot

VISITA MUSICAL NA BIBLIO


Os pais dun alumno de infantil tocaron para nós e inventaron un ritmo introducindo as comidas para unirse ao noso proxecto do centro, mirade como disfrutaron os pequenos.

SEGUNDO RECITA A ROSALÍA

Os rapaces e rapazas de segundo curso memorizaron o poema 
"Adios, ríos; adios, fontes" de Rosalía de Castro. 
Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o recitan

21/3/15

OS POEMAS QUE CHEGARON DAS CASAS

Como podedes ver os nosos corredores enchéronse de poesía. De todas as casas foron chegando os poemas que lles gustaban, que lembraban que lles gustaban.
Grazas a todas as familias pola vosa colaboración.

16/3/15

NEGRA SOMBRA

Precioso poema "Negra Sombra" de Rosalía interpretado por Luz Casal e Carlos Núñez

12/3/15

MES DA POESÍA


Outro poema que se fixo canción foi "La poesía es un arma cargada de futuro" 
de Gabriel Celaya. Paco Ibáñez púxolle a música. 
A actualidade do poema é innegable, a poesía non pasa de moda, 
a poesía é vida, a poesía é para tod@s, a poesía é sentimento, 
a poesía é compromiso, a poesía é necesaria...
Sabemos que no noso colexio temos futuros poetas e poetisas e que 
a poesía sempre terá porvir.

11/3/15

MES DA POESÍA

Estamos en marzo, no mes da poesía, das flores e da primavera.
A Seara están chegando os poemas da infancia, da lembranza, do amor...
Xa soan os ritmos da "Canción do pirata",
"Adios ríos, adiós fontes","Negra Sombra"...
O poema "O niño novo do vento", escrito por Alvaro Cunqueiro,
fíxose música da man de Luis Emilio Batallán (Pincha na foto para escoitalo))

https://www.youtube.com/watch?v=LZD2RENvOXI