15/5/15

ANXO FARIÑA "A CHAVE DA ATLÁNTIDA"

Traballo plástico realizado polo alumnado de quinto despois da lectura do libro "A chave da Atlántida" . Esta exposición plástica atópase no andar da biblio como agasallo ao seu autor, Anxo Fariña, na súa visita á biblioteca do centro.


14/5/15

AFAMO VISITA O COLE DE SEARA

@s nen@s de 2º e de 6º do noso colexio recibiron a visita dalgúns dos usuarios de AFAMO (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo) e gozaron dunha emotiva xornada de convivencia.

AUTOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS: "XOSÉ FIGUEIRA VALVERDE"




Cllícade aquí para ver a páxina: Filgueira Valverde

Aquí atoparedes actividades para imprimir e on line para coñecer máis sobre o autor homenaxeado.
Se queredes ir directamente a algún do enlances:   Actividades en liña
                                                                         Actividades para imprimir

12/5/15

RECEITAS DO ALUMNADO DE 6º EN DRIVE

 Receitas presentadas en drive polo alumnado de 6ª. Botádelle un ollo a estas exquisitas larpeiradas:
                                                                                                                         

                                               
  

                      
                      
                                                                                                                       

TITULOS DE CONTOS NAS ESCALEIRAS

       Durante a semana das Letras Galegas todo o alumnado  de 5º e 6º de Primaria escenificarán contos e máis contos para os nenos e nenas do centro.
Xa levamos varios días traballando en equipo, practicando os papeis, preparando atrezzo, elexindo os escenarios...
Nas escaleiras de subida a biblioteca imos abrindo boca.
             


11/5/15

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como xa sabedes o Día das Letras Galegas está adicado este ano ao escritor 
Xosé Filgueira Valverde. Se queredes coñecer algo máis sobre a súa vida e obra ou facer algunhas actividades sobre el pinchade na foto.
http://www.xunta.es/linguagalega/xose_filgueira_valverde

6/5/15

OS REGUEIFEIROS NA ESCOLA


A improvisación oral en verso púxose ao servicio do noso proxecto anual de Gastronomía. O alumnado pensaba os alimentos e os regueiferos facían as súas improvisacións.
Despois do recreo os nenos do CEIP SEARA tiveron o pracer de escoitar unhas regueifas no ximnasio, quedaron encatados e despois moitos pedíronlles uns autografos. Nestes videos podedes ver un exemplo do acontecido.