Cos nenos máis pequenos comezamos ordenando viñetas para escribir despois a historia, fomos aumentando a dificuldade e o número de viñetas progresivamente; e xa na última secuencia, ademais de contar a historia, decidimos poñerlle os globos correspondentes.
Tamén os alumnos maiores traballaron as secuencias, ordenando, contando as historias e engadíndolle o diálogo en bocadillos.
Abaixo tedes unha pequena mostra:
No hay comentarios:
Publicar un comentario