As últimas semanas recibimos con ledicia as novas de que dúas ex-alumnas do
noso cole foron premiadas en distintos concursos:
Vera Santomé Juncal, que actualmente cursa 1º de Bacharelato no IES A Paralaia, gañou o
II Concurso de Microrrelatos de Amnistía Internacional cun relato sobre a crise dos refuxiados.
E Cristina González Miranda, alumna de 2º da ESO no mesmo instituto, gañou un
Concurso de Vídeo patrocinado pola embaixada francesa.
As dúas non só estudaron en Seara, senón que tamén foron axudantes na Biblioteca do noso cole.
NORABOA VERA E CRISTINA!
Abaixo podedes ver, pinchando nas fotos, as noticias nos xornais e incluso ler o microrrelato de Vera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario