DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
31/10/26
27/10/26
APRENDIZAXE COMPARTIDA EN 1º CICLO
Os nenos e nenas de 1º e 2º xuntáronse para compartir unha experiencia de aprendizaxe moi especial. Os de 2º convertíronse en mestres ensinando aos de 1º como traballar coas regletas de forma divertida e manipulativa.
Que divertido é aprender uns dos outros!
26/10/26
AUDIO CONTO DE INFANTIL
O alumnado de 5º de Educación Infantil gravou este audio libro de "Dez tímidos fantasmas" no Samaín. Ademais traballaron a recta númerica. Quedoulles fabuloso!
22/10/26
20/10/26
SCRATCH EN SEXTO
Juan, de 6º de E. Primaria, é un gran afecionado a programar con Scratch. Esta semana estivo presentando e explicando ao resto da clase como montou un novo xogo.
15/10/26
SAÍDA Á GRANXA CORAZÓN DE CARBALLO
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria gozou dunha xornada de convivencia en contacto coa natureza na granxa Corazón de Carballo subvencionada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa "Vive o rural".
14/10/26
AXUDANTES DA BIBLIO EN MARCHA!
Un curso máis contamos de novo coa axuda dos nosos axudantes da biblioteca. Algúns continúan a súa labor do ano pasado e outros incorpóranse por primeira vez con moita ilusión por colaborar.
Durante o tempo de lecer realizan diferentes tarefas: colaboran no préstamo e devolución de libros, axudan aos máis pequenos a coñecer e empregar os xogos da biblioteca, colocan os libros no seu lugar, renovan a decoración segundo as distintas conmemoracións...
Hoxe traballaron arreo buscando e seleccionandolibros relacionados co Samaín para ir preparando a nosa biblioteca para esta celebración.
Moitas grazas pola vosa implicación!
13/10/26
PEGADAS ÚNICAS EN 6º DE PRIMARIA
Nesta actividade a rapazada de 6º de primaria reflexionou sobre o que nos fai únicos e especiais. Igual que non existen dúas pegadas dactilares idénticas tampouco existen dúas persoas iguais. Todos somos únicos e todos somos importantes!
9/10/26
NON É MAXIA É CIENCIA!
Esta semana o alumnado de 3º de primaria recibiu a visita dunhas compañeiras de 4º, que nos sorprenderon cun experimento utilizando un vaso, un recipiente, auga e papel.
Con este experimento aprenderon que o aire existe e ocupa un lugar, aínda que non o podamos ver.
Foi unha experiencia moi divertida coa que aprendemos que, ás veces, o que parece maxia ten unha explicación científica.

















