27/9/26

FESTA DA FIN DE VERÁN

 Para aproveitar os derradeiros días de sol que nos deixa o verán, a rapazada de Educación Infantil celebrou unha "festa da auga" para despedilo como se merece.

19/9/26

LECTURAS QUE UNEN E MOTIVAN

O alumnado de segundo ciclo de Educación Primaria compartiu unha xornada de lectura por parellas. 

Deste xeito o alumnado de 3º e 4º puideron coñecerse un pouquiño mellor e favorecer a relación entre ambos cursos. As lecturas escollidas afondaban sobre o espazo, servindo esta actividade como motivación para  introducir este tema na área de Ciencias Sociais.

16/9/26

SEARA NO MINIFIC BUEU

Este curso todo o alumnado do colexio (a excepción dos pequerrechos de 3 anos) asistiu a un novo certame do FIC, Festival Internacional de Cinema de Bueu. 

Abaixo podedes ver os títulos das distintas curtas que viron e gozaron os nenos e nenas segundo a súa idade. Ademais tedes a programación para a rapazada desta fin de semana.

       

13/9/26

PENSAMENTO DIVERXENTE E CREATIVIDADE

Nos primeiros días de clase, na aula de 3º, estiveron traballando o pensamento diverxente e a creatividade.

Partindo de diferentes formas e debuxos que, a primeira vista, parecían representar algo evidente, o alumnado tivo que deixar voar a imaxinación e transformalos en algo completamente diferente. E apareceron ideas do máis variadas e orixinais!

Ao rematar, chegamos a unha conclusión moi importante: ante unha mesma forma poden xurdir moitas ideas diferentes, porque non sempre hai unha maneira de ver as cousas!

     

9/9/26

UN NOVO CURSO MOI ESPECIAL

Comezamos un curso moi especial porque o cole está de aniversario: cumpre 50 anos. 

50 anos de aprendizaxes, xogos, amizades, ilusións e, sobre todo, de persoas que pasaron polo colexio e foron deixando a súa pegada.

Este ano queremos celebrar todo o camiño percorrido, pero tamén seguir construíndo xuntas a historia do Ceip Seara.

Que este novo curso veña cargado de ilusión, descubrimentos e novas pegadas.