16/6/25

TRASFORMANDO O XIMNASIO

 Grazas a Jessi , nai de alumnas, pola súa axuda na trasformación do ximnasio nun espazo máis alegre.Rematada a primeira fase, continuaremos en setembro. Feliz verán.


              

4/6/25

CONVIVIR XOGANDO

 O alumnado de 4º de Educación primaria fixo un obradoiro de traballo en equipo. Aprendemos a resolver os  conflitos falando, e chegar a acordos e a valorar positivamente aos nosos compañeiros e copañeiras.E todo pasándoo xenial!!!!

30/5/25

UN DÍA CON DOA, A REALIDADE DA SAÚDE MENTAL

 O alumnado de 5º de Educación Primaria compartiron unha xornada de convivencia con algunhas persoas da Asociación DOA. Grazas a mesma fixeron un achegamento á realidade das persoas con enfermidade mental.


ANIMACIÓN Á LECTURA NAS AULAS DE INFANTIL

 Durante este curso en Educación Infantil traballaron a animación á lectura a través da lectura de diferentes contos e con actividades relacionadas cos mesmos, tanto gráficas como expresivas. Abaixopodedes ver unha mostra dos traballos do alumnado.


27/5/25

OBRADOIRO RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

 
A resolución de conflictos de diversas formas e un dos obxectivos de este curso.Para afondar neste tema tan importante na escola neste momento traballamos tamén na aula con expertos externos.