30/4/25

CONCERTO DA ESCOLA DE MÚSICA

 O alumnado do colexio acudiu ao concerto da Escola de Música Municipal de Moaña "De que cor é un bico?", baseado no conto co mesmo título. Estivo xenial!

27/4/25

TENDAL DE RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE TODO O ALUMNADO:

Os corredores e escaleiras enchéronse coas recomendacións que todos os nenos e nenas do cole fixeron do seu libro favorito.

26/4/25

CANCIÓN CONVIVIR XOGANDO

 Os alumnos e alumnas de 4º curso da profe Elisa escribiron e interpretaron esta canción sobre o proxecto deste ano "Convivir xogando". Mirade que fantástico traballo!

ENCRUCILLADO-MURAL DE CONVIVIR XOGANDO

 Os alumnos e alumnas de Relixión realizaron este precioso mural onde expresaron o que significa para eles a frase "CONVIVIR XOGANDO", nome do noso PDI deste curso.

A partir da palabra CONVIVIR, xogaron coas letras dos seus nomes e, entrelanzándoas, fixeron un enorme encrucillado. Expresaron nunhas nubes o que habería que facer para ter unha boa convivencia, e finalmente sacaron fotos Xogando e Convivindo.

25/4/25

XOGOS CON BRAZOLINDA

 Hoxe puidemos disfrutar dunha xornada de xogos de mesa organizada por "Brazolinda". Trátase dun proxecto de deseño e fabricación de xogox de mesa en galego, creados para que pequenos e maiores poidan xogar xuntos, entendendo o xogo de mesa dende un punto de vista actitudinal, dinámico, motor e mental. En definitiva, desenvolvendo habilidades que axudan a vincularse.

24/4/25

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Para celebrar o Día do Libro fixemos Apadriñamentos Lectores, os maiores len aos pequenos. É unha actividade que lles encanta! Tod@s gozan moitísimo!

23/4/25

VISITA DO BOOKSTAGRAMER RAÚL NA SEMANA DO LIBRO

 Hoxe tivemos a sorte de coñecer a Raúl, un bookstagramer (thebookishblanket) que veu ao cole para compartir con nós o seu amplísimo coñecemento sobre literatura. Recibimos un montón de estupendas recomendacións e gozamos moito xogando e creando historias con el. Ademais agasallounos cun libro de Ana Kadabra adicado ao noso cole polos autores. 

Moitas grazas, Raúl, polo teu entusiasmo e xenerosidade!



VENRES 25 DE ABRIL: XORNADA DE XOGOS

VISITA Á COMICTECA

 O alumnado de 5º de ed. Primaria visitou a Biblioteca de Afundación en Vigo para realizar unha actividade sobre banda deseñada. Unha vez alí, elaboraron un mural cos seus medos empregando cadros de diálogo e levaron a cabo unha búsqueda de libros pola biblioteca atendendo á súa etiqueta correspondente.

11/4/25

FESTA DA PRIMAVERA EN SEARA

Na nosa Festa da Primavera houbo variadas actividades para os distintos cursos: actuacións musicais de Cé Orquestra Pantasma, busca de ovos de chocolate, ximcanas, pintado de camisetas ou tarrros, xogos populares... Pasámolo todos xenial!



   

10/4/25

MARIÑA CANTAREIRA

 Mariña, alumna de terceiro de educación primaria da a benvida ás letras galegas 2025, a primeira  CANTAREIRA.

 .

9/4/25

A ESCRITORA ÉRICA ESMORÍS EN SEARA

 A escritora Érica Esmorís visitou hoxe a Biblioteca, onde falou coa rapazada de 2º curso da súa vocación e do libro "Patio de luces", do que ademais de gozar da súa lectura os nenos/as realizaron un gran mural.

Moitas grazas, Érica pola túa visita!

3/4/25

DÍA DA ARTE GALEGA

 Este 1 de abril,  adicamos o traballo para profundizar na arte galega  a Castelao e a súa obra arredor do mundo dos nenos.

2/4/25

2 DE ABRIL. DÍA DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe 2 de Abril realizamos no CEIP Seara varias actividades co fin de concienciar ao alumnado e á toda a comunidade educativa sobre a importancia de apoiar e comprender ás persoas con TEA.