O alumnado de 5º e 6º de primaria realizou unha saída a Santiago de Compostela para visitar a Xunta de Galicia e o Parlamento Galego. Ditas visitas englóbanse no programa "Coñece as nosas Institucións". No Parlamento galego tiveron a oportunidade de falar co Conselleiro de Educación e de asistir, durante un rato, a un pleno en directo, escoitando as intervencións dos distintos grupos parlamentarios.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
25/2/26
20/2/26
Testamento do Meque Pánfilo
16/2/26
ENTROIDO EN SEARA
Este ano, por mor do mal tempo, non fixemos o tradicional desfile de Entroido ata o centro de Moaña para cantar as murgas que compoñemos nestas datas. Pero isto non impediu que as actuacións das murgas se fixeran dentro do cole, que disfrutáramos das tradicionais merendas de entroido, que os nenos e nenas de sexto leran o testamento do meque, nin que queimáramos a este con gran gozo por parte de tod@s. Viva o Entroido de Seara!!!
Abaixo podedes ver algunhas fotos dos distintos cursos e da celebración máis abaixo. Na entrada anterior do blog podedes escoitar as murgas.
15/2/26
9/2/26
RETO DE ENTROIDO NA BIBLIOTECA
Xa temos un novo reto na biblioteca, neste caso para os máis maiores, os pequenos poden facelo coas profes. Abaixo tedes o reto e as investigacións que hai que levar a cabo. Podedes usar os libros da exposición da biblio e o enlace que tedes no PDF.











