DEPORTE E CONVIVENCIA EN SEARA

A rapazada de 1º ciclo do noso cole tivo unha xornada fantástica de convivencia e xogos cos compañeir@s dos Ceips de Reibón, Tirán e A Guía.


REDEIRA

Moítisimas  grazas Merchi  por todo o que nos ensinaches.

                 

13/5/24

O PIRATA METEPATA

 Con este teatro de sombras baseado na obra de Toño Nuñez "O PIRATA METEPATA", estimulamos a imaxinación do alumnado, aumentamos vocabulario, traballamos a memoria, a expresión oral, a sensibilidade , a creatividade pero sobre todo pasámolo de marabilla .

12/5/24

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

 Na semana do Libro a rapazada de primeiro comezou a mostrar @s seus compañeir@s cales eran os seus libros favoritos en lingua galega e en lingua castelá, ademais explicaron as razóns polas que tanto lles gustan. Estes foron os libros elixidos:

9/5/24

Os Maios

 O alumnado de 4º de todos os centros de Moaña, en colaboración con AFAMO e co concello de Moaña, fixeron este Maio na igrexa de San Martiño. Pasámolo xenial!




8/5/24

Visita de Anxo Fariña

 Anxo Fariña, autor dos Megatoxos, visitou a biblioteca para falarlles aos nenos de 4º do seu proceso de escritura e ilustración. Quedamos marabillados! Moitas grazas!






Visita de Iria Misa

 Iria Misa, autora de Mamá, quero ser Ziggy Stardust, visitou a nosa biblioteca para falarnos do que significa ser trans e da importancia de aceptarse a un mesmo. Grazas!





3/5/24

Sorteo do Día do Libro

Xa están aquí as gañadoras do sorteo do Día do Libro! Noraboa!