23/3/22

FEBRE DE POESÍA EN CUARTO

Durante marzo os nenos e nenas de cuarto curso estiveron traballando a poesía: versos, estrofas,

tipos de rimas... Este curso apaixonáronse cos acrósticos inspirados nas estacións do ano e nos seus

nomes, compuxeron poemas sobre as emocións, e, inspirados polo libro de Antonio García Teijeiro

“Poemar o mar”, que leron coma itinerario lector, atrevéronse a facer  as súas versións dun dos seus

poemas. Abaixo podedes ver algunhas mostras dos seus traballos.


XINCANA DÍA DA ÁRBORE

 É marabilloso ter tantas árbores no patio.

                              

ANXO MOURE

Anxo Moure, unha vez máis , transmitiunos  todo o seu amor pola natureza.

20/3/22

SEIS REINOS, CONTACONTOS EN INFANTIL

As profes de Infantil fixeron un fermoso contacontos desexando que as cores volvan a todos os países.

11/3/22

8 DE MARZO

                 



 



 

10/3/22

REVITALIZA

                             

7/3/22

Programación Rechouchíos

 Xa está aquí a nova programación dos Rechouchíos para marzo e abril.



6/3/22

4/3/22

ECO-RETO DE MARZO

Temos un novo eco-reto para o mes de marzo, coñecer as árbores do noso patio cunha xincana que preparou a profe Ángela para todos. 
Na biblio tedes tamén o libro "A árbore da escola".


2/3/22

ENTROIDO DE CORES

 As distintas cores do cubo de Rubik  son coma as múltiples diferenzas entre as persoas: fan mellor a nosa vida. 
         

ENTROIDOS TRADICIONAIS

A rapazada de primeiro aprendeu moitísimas cousas sobre os entroidos tradicionais da provincia de Ourense. O seu interese chegou ata Laza e Xinzo de Limia de onde lles mandaron uns videos con saúdos dos Peliqueiros e das Pantallas.