Presentámosvos a derradeira actividade deste curso na biblioteca. A profe Luisa preparou un teatro de sombras e, coa axuda da profe Isa, representaron o conto "A miña amiga a escuridade". O alumnado de 2º e 3º disfrutou moitísimo! Foi algo máxico e moi divertido. Despois algúns dos nen@s probaron como funciona o teatro de sombras e fixeron os seus pinitos coma actores.
13/6/19
7/6/19
FARO DA ESCOLA
Xa temos tod@s o noso exemplar do Faro da Escola coas novas máis importantes deste curso!
Ademais a biblioteca tamén foi noticia no noso xornal:
Ademais a biblioteca tamén foi noticia no noso xornal:
6/6/19
NA BUSCA DE MONUMENTOS
O alumnado de Educación Infantil de 5 anos e o de Cuarto de Primaria descifraron xeroglíficos que os levaron a procura de monumentos ocultos por todo o edificio de primaria. Logo completaron unha ficha cos seus coñecementos e a axuda dos libros da biblioteca.