Chegou por fin a xornada de formación en radio para o alumnado con Javier Prado de Radio Espora. Os elixidos foron os alumnos/as de 5º curso, pero sempre coa idea de “formación en cascada”, para que sexan eles os que formen despois aos seus compañeiros máis pequenos. Coa guía de Javier o alumnado de 5º gravou varios programas distintos: o conto “A que sabe a lúa?”, dous programas falando do concello de Moaña e do noso colexio, e outros dous “Agora leo” e “Tardes entre libros” onde recomendan e dan opinións de libros. Podedes escoitalos máis abaixo:
26/4/19
BOOKTUBERS DE SEARA: RECOMENDACION DE EVA E UXÍA
O alumnado de sexto curso leu o libro "Siete reporteros y un periódico", Eva e Uxía dannos a súa opinión sobre el.
25/4/19
CONTOS CLÁSICOS COS ESCORNABOTS
Novo panel de escornabots en 4º curso: A partir dunhas tarxetas coa súa descrición identifican ós protagonistas dos contos clásicos.
11/4/19
RECREOS NA BIBLIO DESTE 2º TRIMESTRE
Os grandes triunfadores deste trimestre na biblio foron os xogos de mesa como ben podedes comprobar neste vídeo
10/4/19
MES DO LIBRO: ENTREVISTA A IAGO LÓPEZ EN RADIO SEARA
Aproveitando a visita que coma contacontos fixo o escritor Iago López para o alumnado de 1º e 2º; Saínza e Lucas, de 3º curso, e Sabela e María, de 4º, aproveitaron para entrevistalo en Radio Seara.
9/4/19
EMPEZAMOS O MES DO LIBRO: CONTACONTOS DO LOBO CON BOTAS
Os rapaces de 1º e 2º tiveron a sorte de contar coa visita do escritor Iago López, nesta ocasión non viña a contarnos ningún dos seus libros, senón O lobo con botas, do Hematocrítico. Coma sempre espectacular!
5/4/19
ESCORNABOTS E MONUMENTOS DE MOAÑA
Estes paneis sobre os Monumentos de Moaña fixéronse coma complemento á saída que dentro do programa "Aprende Moaña" realizou o alumnado de terceiro curso.
Se querelles saber máis sobre a saída que realizaron os de terceiro podedes pinchar no seguinte enlace que vos leva ó seu blog:
https://searaterceiro.blogspot.com/2019/04/visita-aos-monumentos-de-moana.html
https://searaterceiro.blogspot.com/2019/04/visita-aos-monumentos-de-moana.html
1/4/19
MES DA POESÍA: COMPIPOEMARIO EN 5 ANOS
Os rapaces de 5 anos elaboraron este precioso poemario do que xa temos unha copia na biblioteca.